Nenos discapacitados de varios colexios acudiron ao concerto “Música para ti e para min”
O Conservatorio Profesional organizou este evento en colaboración con unha asociación para rapaces con necesidades especiais
O contador de contos lalinense Celso Fernández foi encargado de presentar o concerto co lema “Música para ti, música para min”, dirixido a nenos con necesidades especiais de varios colexios.
O acto celebrouse o venres no auditorio do Conservatorio Profesional da Coruña, e a entrada foi gratuita para o resto do público que completou o aforo. O evento organizouno o propio Conservatorio, e colaborou con el a Asociación Interdisciplinar Musicosensorial para Persoas con Necesidades Especiais (AIMPNE).
Esta organización tamén organiza cada verán un curso internacional de música e musicoterapia, en Mondoñedo (Lugo), declarado de interese sanitario. No concerto do venres, participaron varias agrupacións formadas por alumnos do propio Conservatorio mentres o colaborador de AIMPNE, Iago Fernández, proxectou imaxes ó ritmo da música.
En primeiro lugar, actuou o quinteto de vento-metal Vibrass, recentemente gañador do primeiro premio de grupos de cámara do concurso Caixanova 2009. Tras eles, subeu ao escenario o coro de nenos, dirixido por Fernando López Briones e acompañados por un grupo de percusión e vento metal.
Tamén actuaron a banda Xuvenil do Conservatorio, dirixida por Pablo Doval, e unha agrupación de percusión, Attaca. Aula de educación especial O director do Conservatorio, Jesús López Prado, leva loitando dende fai un tempo por conseguir abrir unha aula de música para nenos con necesidades especiais dentro do propio conservatorio.
“Non só queremos educar aos alumnos musicalmente, sinon tamén inculcarlles valores como a solidariedade, igualdade, tolerancia, etc.-declara el director-por eso colaboramos con entidades como la cocina económica, Intermon, Aspronaga…”.
A directiva do centro ten solicitado á Dirección Xeral de Ensinanzas Especiais e Fornación Permanente a apertura, para o curso que ven, de una aula de educación especial para nenos con discapacidade psíquica que posean aptitudes para a música. “É un reto apaixoante e pioneiro na nosa comunidade”, afirma.
Este proxecto, de realizarse, suporía un avance na igualdade de oportunidades. Aos alumnos, para acceder a esta ensinanza, faríanselle probas como ao resto dos estudiantes, adaptadas ás súas características.
Curso de verán
O que levou a AIMPNE a colaborar co Conservatorio para organizar este concertó foi, precisamente, a petición da directiva do centro de abrir una aula dese tipo.
A asociación, presidida por Elena López Ferreiro, organiza cada verán o curso internacional para profesionais da música, combinado con obradoiros de musicoterapia para nenos con necesidades especiais. Estes obradoiros, igual que o concertó do venres, teñen como fin que os rapaces se integren no mundo da música e desenvolvan as capacidades musicais que teñan. Este é o principal obxectivo da asociación, que este ano recibirá tamén a nenos con parálise cerebral.
O próximo mes de xullo, contarán con colaboracións como a do compositor, instrumentista e musicólogo Llorenç Barber, que dará un impresionante concerto de apertura co son das campás de Mondoñedo, ou as clases do tubista Jens Bjørn Larsen, o trompetista de jazz Scotty Barnhart ou o clarinetista Arno Piters, entre outros.
Ao final das xornadas, os alumnos de musicoterapia e os profesionais ofrecen un concertó todos xuntos, algo que simboliza esa integración que, tanto AIMPNE como o Conservatorio, están loitando por conseguir.